Saúdo do alcalde

Como alcalde deste privilexiado municipio, situado   preto de todo e lonxe de nada, no epicentro da provincia de Ourense, permitídeme que vos recomende a súa visita.

Baños de Molgas pode entenderse como unha mestura de moitas cousas, de natureza e patrimonio, modernidade e tradición, sosego e algarabía; pero tamén como unha mestura de augas, a fría do noso río Arnoia, que descende sinuoso dende a Serra de San Mamede, e a termal, que intenta aflorar en cada recuncho do noso territorio.

Son moitas as bondades que ofrece este concello, e agardo que nesta páxina poidades ver unha pequena mostra, máis a mellor forma de descubrilas e desfrutalas é acompañarnos a todos os veciños e veciñas, que de seguro vos acollerán de bo grao como un máis da nosa gran familia.

Permitídeme utilizar estas liñas para saúdar, tamén, a tant@s molguenses que están fóra, aos que a emigración arrincou dos seus pobos e aos que a morriña non deixa esquecer a terra que @s viu nacer, a eles e aos seus descendentes, dende aquí, a súa casa, unha aperta e o desexo de voltar a tel@s connosco.

Agardo que poidades gozar de Baños de Molgas e nós da vosa compaña. Ficades convidad@s a unha experiencia que de seguro repetiredes.

Sede benvid@s. Quedo á vosa enteira disposición, ao igual que todos e todas os que aquí habitamos.

Xaime Iglesias


PXOM do Concello

Galería de fotos

Turismo

Patrimonio

Notas informativas

molgasTV

Directorio

Localización