NADAL EN MOLGAS 2016

13/12/2016



Ven a desfrutar do Nadal coa túa familia, cos amigos/as, no teu Concello!!

O Nadal é sinónimo de reencontro, de familiaridade e de ledicia. Unhas datas nas que parece que os ritmos de vida cambian e atopamos o tempo que non tivemos durante o ano para gozar da familia e dos amigos.

O Nadal tamén enche de vida o noso Concello, dando mostras de que resistirá ao paso do tempo e que o fantasma da despoboamento se afasta por momentos.

Dende o Concello de Baños de Molgas acompañámosvos, en cada familia, en cada encontro, como un máis das vosas reunións, e desexámosvos que poidades gozar do resto do ano como se fose un nadal permanente, deixando a un lado os problemas e vivindo a vida en harmonía con quen nos rodea.

Desexámosvos Boas Festas e que desfrutedes da Programación.

Descarga Programa 2016-2017

PXOM Aprobación inicial

Galería de fotos

Turismo

Patrimonio

Notas informativas

molgasTV

Directorio

Localización