ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL - COFINANCIACION FEDER

25/11/2016

Dase publicidade á cofinanciación con fondos FEDER da "Estratexia de Sustentabilidade Ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas no Concello de Baños de Molgas"

   

"Estratexia de Sustentabilidade Ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas no Concello de Baños de Molgas"

OT 5. "Frear o cambio climático"
Proxecto cofinanciado nun 80% polo fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Fedeer Galicia 2014-2020




No Diario Oficial de Galicia núm. 84 do 3 de maio de 2016, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio fai pública a Orde do 26 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas e se fai pública a súa convocatoria para o ano 2016, confianciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Este Concello de Baños de Molgas en data 17/06/2016 solicitou unha subvención ao abeiro desta Orde para a elaboración dunha"ESTRATEXIAS DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL COA FINALIDADE DE INTEGRAR A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO NA XESTIÓN E PLANIFICACIÓN PÚBLICAS”.

Este proxecto enmárcase primeiramente no Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020 no seu Eixo - 5 - Promover a adaptación o cambio climático e a prevención e xestión de riscos. Neste eixo prográmanse actuacións con dous obxectivos específicos, como son a posta en marcha de modelos de predición de riscos ante inundacións, incendios e episodios de contaminación atmosférica de orixe climático. Concretamente mediante dúas actuacións:
1) 5a - Apoio á inversión destinada a adaptación o cambio climático, incluídos prantexamentos baseados nos ecosistemas.
2) 5b Fomento da inversión para abordar os riscos específicos, garantía de resiliencia fronte as catástrofes e desenvolvemento de sistemas de xestión de catástrofes.
 
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio comunicou a concesión desta subvención, segundo notificación da resolución de concesión de data 14 de setembro de 2016.

No documento anexo sintetízanse os obxectivos, medidas e alcance do proxecto. Descargar 

PXOM Aprobación inicial

Galería de fotos

Turismo

Patrimonio

Notas informativas

molgasTV

Directorio

Localización