ACTIVIDADES SEMANA SANTA 2016

17/03/2016

“Cultura e deporte” na Semana Santa en Baños de Molgas. Máis info...

“Cultura e deporte” na Semana Santa en Baños de Molgas.
O Concello de Baños de Molgas presenta unha proposta cultural e deportiva centrada nos catro días de Semana Santa, 24,25,26 e 27 de marzo.
O concello organiza a parte cultural, tanto para adultos como para os máis cativos. A Fundación ADO Moure xunto coa Asociación Galega de Cans de Trineo e Tiro encárganse das xornadas deportivas nesta Semana Santa 2016.
As persoas adultas gozarán dun concerto de blues-rock a cargo do quinteto alaricano Vates Bonhomios, o venres 25 ás 22:30 h na rúa do Agro.
Os máis cativos terán dúas xornadas para eles, o xoves 24 ás 17:00 h. co espectáculo musical de Paco Nogueiras Brinca Vai, e o sábado 26 ás 17:00 h na Aira de Arriba, Contacontos e outras actividades infantís.
Ademais, celebrarase un Open de ciclismo de carácter competitivo, que os días 24, 25 e 27 terá como punto de saída e chegada a Estación de Tren de Baños de Molgas (Para máis información visitar a páxina www.fundacionadomoure.com.).
E o venres 25 entre as 18:30 e as 19:30 h. chegará ao noso municipio a VII Travesía de Mushing Camiño de Santiago Vía da Prata 2016, puntuable para o 4º Circuíto Estatal de Mushing de Media Distancia.
AGARDAMOS QUE DESFRUTEDES DESTES DÍAS NO NOSO CONCELLO.

PXOM Aprobación inicial

Galería de fotos

Turismo

Patrimonio

Notas informativas

molgasTV

Directorio

Localización