O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baños de Molgas un pouco máis preto

13/11/2015

A reunión de traballo coa secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, supón un claro paso para a aprobación inicial do PXOM en datas próximas.

O día 12 de outrubro de 2015 o alcalde, o aparellador municipal e o equipo redactor do PXOM tiveron unha reunión coa secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas e con técnicos da Consellería para consensuar os axustes do documento previo sometido ao informe da secretaría xeral, que dan cumprimento aos requirimentos técnicos sinalados nese informe, que fora emitido en xullo de 2012.
 
Ambas administracións acordaron impulsar a coordinación institucional para axilizar ao máximo este documento de planeamento.
 
A secretaria xeral e o alcalde coincidiron na conveniencia en que o documento se someta á aprobación inicial do Pleno á maior brevidade, para poder seguir avanzando nos trámites establecidos, para así dar resposta á necesidade de que o Concello de Baños de Molgas conte cun documento que permita ordenar e planificar o seu desenvolvemento cara o futuro, coa precisa garantía xurídica, substituíndo ás Normas Subsidiarias Proviniciais.
 
O PXOM permitirá clarificar cuestións claves para a ordenación territorial do municipio e será un chanzo máis na revitalización municipal.

PXOM Aprobación inicial

Galería de fotos

Turismo

Patrimonio

Notas informativas

molgasTV

Directorio

Localización