Os lugares de Francisco Carballo

09/11/2015

O Sábado, 21 de novembro,
OS LUGARES DE FRANCISCO CARBALLO
Roteiro vital e cultural polas Terras de Maceda

Desde as 11 da mañá no Santuario dos Milagres-
Celeirón-Asadur-Biblioteca Pública de Maceda.
Cartel co programa.



PROGRAMA.-

11:00 SANTUARIO DOS MILAGRES
Concentración perante a entrada do hostal–restaurante dos Milagres, no Monte Medo.
Percorrido polo santuario. Referencias vitais, breve explicación histórica e paisaxística da contorna e gran explotación mineira romana.
Visita á igrexa e aula magna do colexio novo.

11:50 ASADUR
Desprazamento en coches particulares até Asadur. Ofrenda floral no cemiterio.
Breve intervención sobre a centralidade deste lugar na contorna, os seus enigmas e o vencello de Francisco Carballo con Asadur.
Visita ao exterior e interior da igrexa parroquial e ao pedestal dedicado a Quinto Licinio.

12:30 CELEIRÓN
Trasladámonos ao lugar natal de Celeirón.
Breve contextualización sobre a infancia e a casa matricial.

13:00 BIBLIOTECA PÚBLICA
Xa na vila de Maceda, proxección dun audiovisual sobre a súa personalidade realizado por Xan Carballa. Lectura de textos de Francisco Carballo vencellados coa súa terra de orixe.

14:00 CAFETERIA-RESTAURANTE CASTILLO
Lugar de encontro de Carballo cos seus amigos de Maceda.
Xantar de confraternidade no restaurante.

Duración aproximada de todo o roteiro: 3 horas.
Reservas xantar no teléfono: 988 46 31 19 (Restaurante Castillo - Rúa As Canteiras, 1).
Organiza: Amigos de Francisco Carballo de Maceda.

Mantedor do roteiro:
Santiago Prol (autor con Xan Carballa do libro Conversas con Francisco Carballo, ANT, 2002).


PXOM Aprobación inicial

Galería de fotos

Turismo

Patrimonio

Notas informativas

molgasTV

Directorio

Localización