Actividades de verán - Móvete polo teu concello

05/08/2015

Animádevos a percorrer o concello de Baños de Molgas
coas actividades de verán que preparamos para todos vós.
Pinchade en LEER MÁIS e anotade na vosa axenda os eventos.


O primeiro paso para que os de fóra valoren o que temos e aprender a valoralo nós mesmos, e a única canle é a do coñecemento. Por este motivo, o Concello de Baños de Molgas convídavos a percorrer o noso concello, desfrutando das actividades que se propoñen, convivindo cos veciños e veciñas de tódolos pobos e parroquias e descubrindo, seguramente, recunchos que non coñeciades.

Agardamos que sexa do voso agrado. Bo verán!


Concerto da Agrupación Musical “Os do Fuelle” de Maceda
6 de agosto, xoves, ás 20:00 h no Parque Ansuiña
Este grupo de bos amigos e amigas, por fin actúan no noso concello. Benvid@s.
ORGANIZA: Comisión de Festas do San Salvador
COLABORAN: Concello de Baños de Molgas Deputación Provincial de Ourense

Clases de Zumba
7 de agosto, venres, a partir das 19:00 h no Parque Ansuiña
ORGANIZA: Cafetería Xingro

Espectáculos de Ciencia: Do fotón ao led
8 de agosto, sábado, ás 21:00, no local social de Vide
Un percorrido pola luz e as súas tecnoloxías dende a época das cavernas até os nosos días. Maxia para os cativos, ciencia para os maiores.
ORGANIZA: Concello de Baños de Molgas

Actuación “Coral Ansuiña”
9 de agosto, domingo, ás 19:00, na igrexa parroquial de Baños de Molgas
A nosa benquerida Coral Ansuíña cumpre 25 anos, démoslle unha agarimosa acollida. Agárdanvos.
ORGANIZA: Coral Ansuiña
COLABORA: Concello de Baños de Molgas

Proxección do filme “A última viaxe do afiador”
12 de agosto, mércores, ás 22:00, na Aira de Arriba, onde o local social (Baños de Molgas)
A compañía Boneca Lareta presenta esta película-documental ambientada na nosa terra da chispa.
ORGANIZA: Deputación Provincial de Ourense
COLABORA: Concello de Baños de Molgas

Actuación do grupo En Mala Hora
13 de Agosto, xoves, ás 22:00 h, nas escaleiras da Burga (Baños de Molgas)
Porque a iniciativa privada é fundamental para o dinamismo deste concello.
ORGANIZA: A Taberna (Baños de Molgas)

Actuación da Escola de música tradicional de Baños de Molgas
14 de Agosto, venres, ás 19:00 h, Parque Ansuiña (Baños de Molgas)
ORGANIZA: Escola de música tradicional de Baños de Molgas
COLABORA: Concello de Baños de Molgas

Actuación do dúo Abelardo y su Farfana
14 de agosto, venres, a partir das 20:30 h, no Parque Ansuiña
Música a ritmos latinos
ORGANIZA: Cafetería Xingro

Proxección do filme “Dios mío, ¿Pero que te hemos hecho?”
15 de agosto, sábado, ás 22:00 h, xunto ao local social de Meamán
A comedia chega a Meamán, un pobo xa de por si divertido. Ide preparados!
ORGANIZA: Concello de Baños de Molgas

Inchables e Baño da escuma
16 de agosto, domingo, a partir das 17 h, no Parque Ansuiña
ORGANIZA: Cafetería Xingro

Xogos tradicionais para cativos e maiores
17 de agosto, luns, ás 19:00 h, no Parque do Pote (Baños de Molgas)
Os xogos de sempre, os nosos, para recordar a nenez e ensinarlle a xogar aos máis cativos.
ORGANIZA: Concello de Baños de Molgas

Proxección do filme “Big Hero 6”
19 de agosto, mércores, ás 22:00 h, no Parque Ansuiña
Que os cativos durman a sesta e ceen antes, que pola noite tocan dibus! Que aos papis tamén lles gustan!
ORGANIZA: Concello de Baños de Molgas

Fornada de Pan no forno de San Pedro de Ribeira
22 de agosto, sábado, a partir das 17 horas, no forno do pobo de San Pedro
Xa se ule o pan recén feito. Que pracer! Un día para desfrutar en familia, para ver como se fai o pan, para que os cativos se enchan de fariña. Poderanse degustar tales manxares. O que queira ir ceado que traia a merenda!
ORGANIZA: Os veciños e veciñas de San Pedro
COLABORA: Concello de Baños de Molgas

Inchables e Karaoke
23 de agosto, domingo, a partir das 17 horas, no Parque Ansuiña (Baños de Molgas)
ORGANIZA: Cafetería Xingro

Proxección do filme “Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros” e o documental “A malla ao mallo”
26 de agosto, mércores, ás 21:00 h, no local social de Presqueira
Grazas á xenerosidade do autor destas obras, o amigo Luís Baños, imos desfrutar dun percorrido polos tempos de antes, recordo para os maiores e leccións de vida para os máis novos.
ORGANIZA: Concello de Baños de Molgas

Presentación da Monografía “Petróglifos Inéditos das Comarcas de Ourense e Allariz-Maceda”
29 de agosto, ás 21:00 h, no local social de Ponte Ambía (no cruceiro)
José Antonio Gavilanes, veciño desta parroquia, volta cun libro debaixo da man. Con él e cos membros da asociación SAGA faremos un percorrido por esa historia que tantas pegadas petrificadas deixou nos nosos montes.
ORGANIZA:Concello de Baños de Molgas
COLABORA: Asociación SAGA

E LOGO… A DESFRUTAR DAS NOVENAS NA HONRA DA NOSA SANTIÑA DO MEDO.


PXOM Aprobación inicial

Galería de fotos

Turismo

Patrimonio

Notas informativas

molgasTV

Directorio

Localización