VIII CARREIRA DO SAN SALVADOR

09/07/2015

Animádevos a participar!
Data: Sábado, 1 de agosto de 2015.
Hora: A partir das 19 h.
Inscricións ata o día 30 de xullo na web:
www.championchipnorte.com
Tamén se pode consultar o facebook:

https://www.facebook.com/events/523012267849265/



Convidamos a todos os asistentes a colaborar co Banco de Alimentos con comida non perecedeira.

REGULAMENTO CARREIRA


1º - O Concello de Baños de Molgas organiza o sábado 1 de agosto a VIII CARREIRA POPULAR DO SAN SALVADOR que dará comezo ás 19:00 h coa carreira de pitufos, ás 19:15 h a de benxamín, ás 19:30 h a de menores e ás 20:00 h a de 7 km.

2º - A carreira terá lugar nun circuíto urbano con saída e chegada nas Piscinas Municipais do Parque Ansuiña.

3º - As CATEGORÍAS da carreira serán as seguintes:
                - Pitufos: nacidos no 2010, 2011, 2012 e 2013.
                - Benxamín: nacidos no 2006, 2007, 2008 e 2009.
                - Alevín: nacidos no 2004 e 2005.
                - Infantil/cadete (M-F): nacidos no 2000, 2001, 2002 e 2003.
                - Xuvenil/júnior (M-F): nacidos no 1996, 1997, 1998 e 1999.
                - Promesa: nacidos no 1993, 1994 e 1995.
                - Senior: nacidos no 1992 ata veteranos A.
                - Veteranos A: de 35 a 45 anos.
                - Veteranos B: de 45 a 55 anos.
                - Veteranos C: de 55 anos en adiante.

4º - DISTANCIA:
                - 150 m: pitufos.
                - 750 m: benxamíns e alevíns.
                - 2.300 m: infantís e cadetes (1 volta).
                - 7.000 m: resto de categorías (3 voltas).

5º - PREMIOS: haberá trofeos para os tres primeiros clasificados da carreira de 7 km, un trofeo por categoría e outro para o 1º clasificado do concello de Baños de Molgas. Os trofeos non serán acumulativos. Na carreira de menores por categorías entregaránselles medallas aos tres primeiros clasificados e asemade un trofeo para o corredor/a de maior idade.

6º - INSCRICIÓNS: Faranse por medio da páxina web: www.championchipnorte.com
Será obrigatorio, Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, DNI ou pasaporte, sexo, nº licenza federativa (os federados), nome do club, teléfono de contacto e_mail.

A cuota de inscrición será de 5 € para os participantes da carreira de 7 km sendo para o resto dos participantes totalmente gratuíta.

O prazo de inscrición na Carreira Popular Absoluta (7 km) remata o xoves, 30 de xullo as 24 horas.

Os Pitufos non fai falta anotarse.

7º - DORSAIS: Entrega o sábado, 1 de agosto de 18:00 a 19:30 horas para os participantes da carreira dos 7 km nas Piscinas Municipais do Parque Ansuíña, debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito.

Nas categorías menores recollida do dorsal o sábado ata 30 minutos antes da saída da proba.

8º - CHIP: deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas por todo o percorrido. E obrigatorio pasar enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na Meta.
Na zona de entrega de dorsais, haberá caixas para recoller os chips alugados, a non devolución supón non entrar na clasificación final, premios e trofeos.

9º - DUCHAS E VESTIARIOS: nas Piscinas Municipais.

10º - SERVIZO DE AMBULANCIA e PROTECCIÓN CIVIL durante o evento.

11º - A organización declina toda responsabilidade respecto aos incidentes físicos ou psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que poidan acontecer aos participantes desta carreira.

12º - DESCALIFICACIÓNS: serán motivos entre outros os seguintes, non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulado, falsificar os datos persoais.

13º - CONTROL: a Carreira Popular será controlada polos Xuíces da Organización que terá como máximo responsable o Xuíz Arbitro. Tódalas reclamacións serán atendidas ata 30 minutos máximo despois do final da Carreira.

14º - INFORMACIÓN: para a Carreira: Tel. 699 92 08 92. Para outro tipo de información: Concello de Baños de Molgas (Tel. 988 43 00 00 de luns a venres, de 9 a 14 h).

PXOM Aprobación inicial

Galería de fotos

Turismo

Patrimonio

Notas informativas

molgasTV

Directorio

Localización