Peregrinación ao Santuario dos Milagres
05/09/2014


Un santuario situado nunha marabillosa paisaxe, atópase no Monte Medo, outeiro erguido no medio dunha planicie, ao pé da Serra de San Mamede, que ten unha altitude de 1.620 m, pertence a parroquia de San Xoán de Vide, no Concello de Baños de Molgas.
Durante 10 días celébranse misas case que cada hora. O día sete celébrase a procesión dos fachós, que tras apagar os farois, son as únicas que iluminan o templo e arredores.
Fora do recinto celébrase tamén a festa pagá, con postos populares de pan, rosquillas, inchables, pulpeiras, churrerías, tómbolas e actuacións.
O templo foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional en 1982.
