ANDAINA SOLIDARIA 2021 "CANÓNS DO ARNOIA"

09/09/2021



  Domingo
     3 de OUTUBRO de 2021

   INCRÍBETE PINCHANDO AQUI!

   Amplia a información






INCRICIÓNS ABERTAS DENDE O MOMENTO DA PUBLICACIÓN ATÉ O 30 DE SETEMBRO ÁS 0:00 HORAS


O Concello de Baños de Molgas organiza a X Andaina solidaria, neste caso, para colaborar coa asociación ACCESDELUZ (Asociación de Catarata Congénita de España. É unha organización que naceu o 8 de marzo de 2017, é unha asociación de ámbito nacional que une a familias de toda España, adultos, nenos e bebés con catarata conxénita, bilateral ou unilateral, e patoloxías asociadas. Está formada por voluntarios/as que forman unha comunidade que comparte experiencias, dificultades, alegrías e obxectivos; como a información, o diagnóstico precoz, a equidade no acceso á atención sanitaria especializada, a difusión da patoloxía e da baixa visión, a formación a través de xornadas e o impulso da investigación das enfermidades oculares.
A catarata conxénita é unha patoloxía moi diferente á que se presenta no adulto, é unha opacidade total ou parcial do cristalino, unilateral ou bilateral que pode afectar o desenvolvemento visual.
 

Os participantes poderán gozar da natureza en estado puro, percorrendo unha das zonas máis fermosas do noso municipio, os CANÓNS DO ARNOIA.

A Andaina terá lugar o domingo 3 de outubro, con saída ás 9:00h dende a antiga Estación de FF.CC. – Estacións Vivas Inorde.


Inscrición deberá facerse a través do enlace: Andaina 2021

Podedes consultar o procedemento de inscrición no cartel axunto

Tamén podedes descargar os tracks directamente en WIKILOC ou nos enlaces:

  - Percorrido 17 quilómetros   Track 1
  - Percorrido 6 quilómetros   Track 2





PXOM do Concello

Galería de fotos

Turismo

Patrimonio

Notas informativas

molgasTV

Directorio

Localización