NOVIDADES APERTURA PISCINA MUNICIPAL VERÁN 2021

07/07/2021

  
  Apertura
    venres
         9 de xullo
    Acceso todos os días de 15 a 20 horas



O vindeiro venres 9 de xullo abrirán as piscinas municipais do concello de Baños de Molgas.

A tempada durará até o 9 de setembro, sempre e cando non existan condicionantes sanitarios derivados da pandemia da COVID-19 que obriguen a anticipar o peche das mesmas.

Dado que as medidas sanitarias son máis esixentes que en anos anteriores debemos ser responsables no uso das instalacións e no mantemento das medidas esixidas en cada momento. Por este motivo, existen unha serie de novidades, tanto para poder entrar na instalacións, como para o seu correcto uso.

NOVIDADES:


   Para poder entrar no recinto deberán ter un BONO para toda a temporada. NON se pode entrar individualmente pagando entrada como outros anos. Esta medida é imprescindible para poder ter un control sobre o aforo e determinar, de forma nominal, quen se atopa na piscina en cada momento, por si fose necesario segundo os protocolos existentes. Cada número de bono identifica a unha persoa concreta e os seus datos de identidade e de contacto.
A taxa a pagar figura na Ordenanza Municipal da taxa pola prestación dos servizos de piscina municipal (Boletín Oficial da Provincia de Ourense nº 299, do 30 de decembro de 2004.
As persoas menores de 7 anos e maiores de 65 están exentas de pagamento. Sen embargo deberán ter un bono para poder entrar no recinto (tipo de bono: EXENTO)
O resto poderán optar por facer Bono INDIVIDUAL, que pode ser INFANTIL (de 7 a 18 anos) ou ADULTO (de 18 a 65 anos); ou ben, Bono FAMILIAR.
En todos estes casos, serán gratuítos si se está empadorado no concello de Baños de Molgas dende 3 meses antes da solicitude do bono. No caso do Bono Familiar, esta condición discrimínase segundo o que figure no libro de Familia. Deberá figurar un adulto como titular do bono e o resto de membros son usuarios. Para poder optar á exención, o titular e todos os usuarios do bono deberán estar empadroados
Os BONOS emitiranse en formato dixital, para que poida usarse dende o móbil, pero poderán amosarse de forma impresa se se desexa.

   O acceso ao recinto da piscina será lateral. Neste punto de acceso deberán identificarse co seu Bono, tanto á entrada como á saída. O Bono é individual polo que deberán ensinar o DNI, podendo ser dixitalizado (foto) tamén dende o móbil – só haberá que ensinar a parte frontal-. No caso daqueles menores que non posúan DNI, responsabilizaranse os acompañantes que se acrediten con eles.

    NON se poderán usar os vestiarios nin as duchas interiores. O uso dos aseos farase de forma individual (H e M) pedindo acceso á persoa responsable da taquilla

   O horario será de 15 a 20 horas, de luns a domingo

   A solicitude do BONO deberá facerse de forma electrónica a través do formulario do que se facilita enlace. Unha vez comprobados os datos, o BONO, enviarase en PDF asinado dixitalmente ao correo que figure na solicitude. No caso de Bonos familiares, este PDF será múltiple, cunha folla para cada usuarios do bono.
Como se indica no formulario, deberán axuntar nun correo electrónico á dirección administracion@concellodemolgas.es a seguinte documentación:
  • Xustificante de pagamento (en caso de non estar exento)
  • Libro de familia (só en caso de solicitude de Bono familiar)
  • Copia do DNI de todas/os aqueles que figuren na solicitude
  • Outra documentación (como por exemplo un documento que acredite a tutela dun menor)
Esta documentación será revisada antes de enviar dixitalmente o bono ao correo facilitado
No formulario deberá constar o tipo de bono que se solicita. O cadro resumo do tipo e subtipo de bono é o seguinte:



O pagamento debe facerse no seguinte número de conta   ES59 2080 5279 5531 1000 4578  , poñéndo no concepto:"Piscina2021_(Nome do solicitante)"

ENLACE PARA SOLICITAR O BONO: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd7QSJVj12op-l4Ls5RgRWZn87PPUH2sExH8Gch3TFYKMXhKA/viewform?usp=sf_link



DATAS de solicitude de BONOS: Dende o 7 de xullo até fin de temporada
TIPO DE BONO:
- Exentos (Para exentos de pagamento por ser menores de 7 anos ou maiores de 65 anos)
- Individual Infantil (Empadroadas/os e Non Empadroadas/os)
- Individual adulto (Empadroadas/os e Non Empadroadas/os)
- Familiar (Empadroadas/os e Non Empadroadas/os todas/os as/os que figuren no bono)

Ante calquera dúbida ponte en contacto no 988 430 000 ou no correo administracion@concellodemolgas.es



SENTIMOS AS MOLESTIAS QUE POIDAN CAUSAR ESTES CAMBIOS, PERO DADAS AS CONDICIÓNS NAS QUE NOS ATOPAMOS, SON NECESARIOS

DISFRUTADE DA PISCINA, DO IMPRESIONANTE ENTORNO, PERO CON SENTIDIÑO

BO VERÁN!!!

PXOM do Concello

Galería de fotos

Turismo

Patrimonio

Notas informativas

molgasTV

Directorio

Localización