CAMPAÑA VISIBILIZÁNDONOS 8M

11/03/2021

     


    Moitas grazas
         pola vosa
         colaboración!!!!






A pandemia fixo visíbel o papel esencial das #mulleres para o sostemento da vida e aqueles traballos esenciais para a sociedade. Estes empregos están ocupados maioritariamente por mulleres e son, ademais, os máis precarios e invisibilizados, moitos deles mesmo sen cobertura legal. As caixeiras, as limpadoras, as traballadoras domésticas, as coidadoras de diferentes ámbitos, as sanitarias, etc foron visíbeis no comezo desta crise e aparentemente recoñecidas social e institucionalmente. Porén, un ano despois as súas condicións laborais, económicas e sociais non melloraron, senón ao contrario.
Así mesmo, a #violenciamachista segue presente e hai un enorme retroceso na súa visibilidade, ademais de enormes dificultades para romper coa espiral de violencia derivadas das restricións sanitarias e das dificultades para acceder a servizos e ter contacto social.
O #ConcellodeBañosMolgas quere sumarse ás reivindicación do #8M facendo visible a importancia das mulleres na historia do Concello, con soportes visuais colocados en diferentes puntos da vila.
Queda moito por avanzar no camiño da igualdade!
#FeminismoParaAvanzar









PXOM do Concello

Galería de fotos

Turismo

Patrimonio

Notas informativas

molgasTV

Directorio

Localización