PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE DO CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

12/02/2021




O Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía reúne ás autoridades locais e rexionais que de forma voluntaria se comprometen a implantar os obxectivos de clima e enerxía da Unión Europea no seu territorio.
As autoridades locais asinantes comparten unha visión de cidades descarbonizadas e resilientes, nas que os cidadáns poidan acceder a unha enerxía segura, sostible e alcanzable. Os asinantes comprométense a reducir as emisións de CO2 en polo menos un 40 % para 2030 e a aumentar o seu resiliencia aos impactos do cambio climático.
No Diario Oficial de Galicia núm.93, do 14 de maio de 2020, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia fai pública a Orde do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o clima e a enerxía sostibles, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2020.
Despois la tramitación ca correspondente solicitude de axuda por parte do Concello de Baños de Molgas, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, concedeu a subvención por un importe de 3.000,00 € (IVE incluído) o que cubre o 100% dos gastos de redacción do Plan de Acción (PACES
)


PXOM do Concello

Galería de fotos

Turismo

Patrimonio

Notas informativas

molgasTV

Directorio

Localización