NADAL EN MOLGAS 2020

16/12/2020


            NON DEIXEMOS
      QUE NINGÚN VIRUS
                   NOS ROUBE
    A ILUSIÓN DO NADAL

 
    Descarga Cartaz
 

Este ano 2020 cambiou moito as nosas vidas, a forma de enfrontarnos aos problemas, a perspectiva do esencial e do superficial.
Este ano que remata fixo ver o moito que se pode botar en falta o máis básico, do que antes tiñamos cando o precisabamos e agora nos falla.
Este Nadal posiblemente teremos que prescindir de apertas, agarimos e bicos; mais para mostrar o afecto, chega unha mirada sincera.
Temos que reinventarnos, con sentidiño, sen riscos, pero sen deixar perder o espírito destas datas.
Debemos ser precavidos, gozar sen arriscar, ser afectuosos de formas novas.

As actividades deste Nadal son as mínimas e reinventadas para facelas seguras, como vedes no cartaz.

Que o 2021 veña cheo de felicidade e baleiro deste becho e de outros.
 
Bo Nadal a todas e a todos. Moitos ánimos. Moita felicidade!!




PXOM Aprobación inicial

Galería de fotos

Turismo

Patrimonio

Notas informativas

molgasTV

Directorio

Localización