ANDAINA SOLIDARIA 2019 "CANÓNS DO ARNOIA"
02/09/2019
Domingo, 6 de OUTUBRO
ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN
INCRÍBETE: INDIVIDUALMENTE PINCHANDO AQUI!
GRUPOS NO 988 430 000
Amplia a información
O Concello de Baños de Molgas organiza a IX Andaina solidaria, neste caso, para colaborar coa asociación MÉDICOS SEN FRONTEIRAS, que é una organización de acción médico-humanitaria que asiste a persoas ameazadas por conflitos armados, violencia, epidemias ou enfermidades esquecidas, desastres naturais ou exclusión da atención médica
Os participantes poderán gozar da natureza en estado puro, percorrendo unha das zonas máis fermosas do noso municipio, os CANÓNS DO ARNOIA.
A Andaina terá lugar o domingo 6 de outubro, con saída ás 9:00h dende a antiga Estación de FF.CC. – Estacións Vivas Inorde.
Inscrición individual a través do enlace: Andaina 2019
Para inscribir a grupos de varias persoas, deberán poñerse en contacto co concello de Baños de Molgas, presencialmente de 9 a 14:30 horas ou no 988 430 000, onde se lle informará do procedemento a seguir.

Descarga plano. Plano
Descarga altimetrías. Elevación
Podedes consultar os tracks directamente en WIKILOC ou nos enlaces:
- Percorrido 21 Track 1
- Percorrido 9 Track 2
- Percorrido 3 Track 3
