SEMANA SANTA EN BAŅOS DE MOLGAS 2019

04/04/2019


          Un ano máis,
   “Cultura e deporte”
            na Semana Santa
               en Baños de Molgas.

         Máis info..
.





“Cultura e deporte” na Semana Santa, en Baños de Molgas.
 
Un ano máis, o Concello de Baños de Molgas, presenta unha proposta cultural e deportiva para os días 18, 19, 20 e 21 de abril.
 
A Fundación ADO Moure, en colaboración co Concello de Baños de Molgas, organiza unha nova edición do Challenge Os Catro días de Ourense, unha vez máis, no noso Concello. Este Open de ciclismo, de carácter competitivo, terá como punto de saída e chegada a Antiga Estación de Tren de Baños de Molgas (Albergue Estacións Vivas – Inorde). As probas realizaranse os catro días, con hora de saída aproximada 11 da mañá. (Para máis información, visitar a páxina www.fundacionadomoure.com)
 
O sábado día 20, a maxia volve a Baños de Molgas, con outra Edición de Terra Máxica, que chegará á Estación de Baños de Molgas co espectáculo Alquimia. Nesta nova aventura, o Mago Teto, tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, busca a pedra fiosofal; non para conseguir a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón: a felicidade!!. A felicidade do público!!. Auga, terra, lume e aire farán posible esta nova aventura do Mago.
Para todos os públicos.

AGARDAMOS QUE DISFRUTEDES DESTES DÍAS NO NOSO CONCELLO!!


PXOM Aprobación inicial

Galería de fotos

Turismo

Patrimonio

Notas informativas

molgasTV

Directorio

Localización