Proxecto EmpregOU - Deputación de Ourense
03/04/2018
Proxecto EmpregOU (Área de Benestar da Diputación de Ourense)
Proxecto de formación e inserción laboral, dirixido a persoas en situación de desemprego menores de 30 anos.
Actividade formativa: Técnico en viticultura e industria vitivinícola
Máis info.
A Área de Benestar da Diputación de Ourense está a desenvolver un proxecto de formación e inserción laboral, dirixido a persoas en situación de desemprego, o Proxecto EmpregOU, cofinanciado polo fondo Social Europeo, por axudas previstas no Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
O obxectivo global do Proxecto é invertir en formación para a mellora da empregabilidade das persoas en situación de desemprego, menores de 30 anos, a través do desenvolvemento de itinerarios formativos de cualificación en diferentes sectores profesionais.
No mes de abril poñerase en funcionamento unha acción de formación de Técnico en viticultura e industria vitivinícola.
A duración é de 6 meses, e dotado dunha beca mensual de 381 €.
A entrevista de selección dos/as beneficiarios/as terá lugar no Centro de A Teixeira (Concello de A Teixeira) o día 6 de abril a partir das 10:30 horas.
Máis información, directamente na Deputación de Ourense ou no teléfono 988 317 770
