APERTURA PRAZO PARA OPTAR Á CONCESIÓN DO BAR DAS PISCINAS

12/04/2017

O luns 17 de abril, ábrese o prazo para a presentación de ofertas para a adxudicación do café bar situado a carón das piscinas municipais.
Dito prazo péchase o día luns 8 de maio  (15 días hábiles dende a publicación no día de hoxe).

Desprega para obter máis información

O luns 17 de abril, ábrese o prazo para a presentación de ofertas, segundo o prego de condicións que se axunta, con motivo da adxudicación do café bar situado a carón das piscinas municipais.
Calquera interesado/a poderá formular a súa oferta económica e técnica (propostas de mellora de dinamización), así como o resto de documentación acreditativa para a valoración segundo o citado prego, até o luns día 8 de maio, debendo cumprir o especificado no correspondente prego de condicións que se axunta.
Para calquera aclaración poden dirixirse ao Concello no 988 430 000 ou, presencialmente, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas

Descarga o prego de condicións

PXOM Aprobación inicial

Galería de fotos

Turismo

Patrimonio

Notas informativas

molgasTV

Directorio

Localización