SEMANA SANTA EN BAŅOS DE MOLGAS 2017

30/03/2017



Un ano máis,
Cultura e deporte”
na Semana Santa
en Baños de Molgas.

Máis info..
.


“Cultura e deporte” na Semana Santa en Baños de Molgas.

Un ano máis, o Concello de Baños de Molgas, presenta unha proposta cultural e deportiva para os días 13,14,15 e 16 de abril.

A Fundación ADO Moure, en colaboración co Concello de Baños de Molgas, organiza unha nova edición do Challenge Os Catro días de Ourense, unha vez máis, no noso Concello. Este Open de ciclismo, de carácter competitivo, terá como punto de saída e chegada a Estación de Tren de Baños de Molgas os días 13, 14, 15 e 16 de abril. (Para máis información, visitar a páxina www.fundacionadomoure.com)

A maxia volve a Baños de Molgas, con outra Edición de Terra Máxica, que chegará á Estación de Baños de Molgas, o venres día 14 de abril, da man do Mago Dani García e o seu espectáculo Volta á Maxia. Un espectáculo para todos os públicos.

E para os máis cativos, un Taller de Cociña Creativa, e tamén saudable. Vinde, nenos e nenas, a desfrutar da merenda o día 15 de abril no forno de Almoite.

Para ampliar a información, descarga o cartel de actividades

AGARDAMOS QUE DESFRUTEDES DESTES DÍAS NO NOSO CONCELLO!!

PXOM Aprobación inicial

Galería de fotos

Turismo

Patrimonio

Notas informativas

molgasTV

Directorio

Localización